Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Hacia el Total View y la medición integrada: la televisión pública y su conexión con la audiencia

A Total Brand/Total View/Total Audience, medición total, integrada e crossmedia, é o destino final inmediato dos cambios que se avanzan nos sistemas de medición de audiencia. Malia que non todo o valor está no cuantitativo, a televisión pública, como o resto de medios no actual ecosistema de comunicación dixital, afronta os retos desta profunda transformación e tamén adapta a súa forma de conectar co público. Na súa gran maioría cunha longa traxectoria, as televisións públicas asumen inmersas nun conxunto de preocupacións (económicas, de modelo etc) o novo escenario de competencia aberto coa convivencia da difusión lineal, a moda do diferido (VoD/OTT) e do consumo en mobilidade, mentres o valor da conversación se privatiza e o fenómeno da social TV se readapta. As canles vense obrigadas a repensar novos vínculos co seu público sen perder a esencia que os caracteriza. O sistema predominante de medición, a audimetría, deixa paso a novas métricas necesarias no espazo de converxencia onde as múltiples pantallas cobran un protagonismo especial nas opcións de consumo. Faise necesario, pois, revisar as tendencias de medición de audiencias en TV e reflexionar sobre o camiño que a televisión pública debe percorrer para conectar coas recentes xeneracións de audiencias dixitais.

Autor/a: Ana Isabel Rodríguez Vázquez , Sabela Direito-Rebollal Ano: 2017Titulo: Hacia el Total View y la medición integrada: la televisión pública y su conexión con la audiencia Categoría: Capítulo de libro Título revista/libro: La comunicación en la nueva sociedad digitalPáxina inicial: 245Páxina final: 258País: VenezuelaEditorial: Universidad de los Andes ISSN: 978-980-11-1932-6URL: https://www.amic.media/media/files/file_352_1557.pdf
© 2025 Estudos Audiovisuais