Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Documental y nación.com

Políticas públicas e identidad: Québec-Canadá.

Un novo modo de inscribir o real no documental, o dispositivo —o grande angular— como parte da expresión e das relacións entre a obra e o espectador converten a Les Raquetteurs (1958, de Michel Brault/Gilles Groulx), nun botón en mostra da procura do directo antes do directo. A rúa, o ritual, o senso de pertenza, a cámara como mediación, como espazo para ir establecendo esas constantes que definen, desde Canadá, un modelo con variacións: cinéma vécu, cinéma verité, «le cinéma d’ici». A existencia dunha produtora pública, a Office National du Film (ONF)/National Film Board (NFB), acabará por unir, dende 1939, unha armazón de prácticas e autores nos que se definen diferentes épocas do documental como operador identitario e que nos obriga, como primeiro paso, a optar por unha observación de tipo panorámico ou a intentar saber, dende un caso específico, o de Québec, por que vía un país se representa nun certo tipo de documental (o cinéma verité), convertíndoo en label internacional para a cinematografía canadense, cando se idea e se realiza desde o real. Un filme e un autor fundamental, Pour la suite du monde (1963, de Pierre Perrault), non só se converte na primeira longametraxe —de Québec e de Canadá— que se presenta en Cannes, senón que, ademais, vainos indicar ese momento de bifurcación entre dúas políticas, a federal e a nacional, e a incorporación dunha idea chave para configurar a dialéctica entre subxectividade e nación.

Autor/a: Margarita Ledo Andión Ano: 2001Titulo: Documental y nación.com Categoría: Artigo científico Título revista/libro: Anàlisi, Quaderns de Comunicació i CulturaNúmero: 27Páxina inicial: 191Páxina final: 211Cidade: BarcelonaPaís: Cataluña (España)ISSN: 2340-5236URL: https://www.raco.cat/index.php/Analisi/article/view/15095
© 2024 Estudos Audiovisuais