Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Diáspora en feminino e cinema

“Esquecerte de quen es para ser ti mesma-outra”, dinos a voz e o corpo en exilio da actriz de orixe galega María Casares no filme de Alain Resnais Gernika, 1945. Para non esquecer a barbarie, o bombardeo sobre poboación civil, a perda. Para sentir o corpo algures, alén da perda, no lugar onde están os teus pés. Con esta idea paradoxal canda o cinema que lle pon rostro a ese sinal tráxico do século: o movemento incesante de masas humanas por fame, guerras, persecución, catástrofes… imos procurar un cinema no que o territorio é, singularmente, o desexo do retorno; imos cara as definicións de cine migrante, de cinema de e dende a diáspora e so as pegadas do feminino; imos cara a actitude do e da cineasta como constitutiva das obras para, na fin, exemplificalo a traveso dunha pequena viaxe no Cinema en Lingua Galega.

Autor/a: Margarita Ledo Andión Ano: 2018Titulo: Diáspora en feminino e cinema Categoría: Artigo científico Título revista/libro: Cinema & Território, Revista Internacional de Arte e Antropologia das ImagenNúmero: 3Páxina inicial: VIIPáxina final: XVI
Descarga a publicación
© 2024 Estudos Audiovisuais