Cine y exilio. Forma(s) de la ausencia
O que talvez puido ser unha das causas da derrota republicana, esa buliciosa orde das masas febrís e ardorosas que poboan as reportaxes de guerra do bando leal ao goberno democrático, habería de se converter pouco despois na máis dolorosa procesión de xentes humilladas e mutiladas, apenas sen trazos e sen nome, abandonando para sempre o seu país e deixando ao seu paso tan profundas cicatrices na dolorida terra española que as cámaras cinematográficas non poderán deixar de notar, aínda sen querelo, a súa ominosa presenza.
O novo libro de Castro de Paz reflexiona as formas que empregou o cinema español para representar a perda e a ausencia causada polo exilio posterior á Guerra Civil, substentando a súa análise en dúas obras fundamentais: El balcón vacío (1962) de Jomí García Ascot e El espíritu de la colmena (1973) de Víctor Erice.