Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

A innovación da Televisión Pública Europea na oferta audiovisual dixital: novas plataformas para a Xeración Z

A revolución dixital vivida nos últimos anos obrigou ás corporacións de televisión a desenvolver novas estratexias de produción e difusión de contidos. A aposta por complementar a súa oferta lineal con outros servizos ten a finalidade de adaptarse aos hábitos de consumo das novas xeracións. Na presente investigación, por medio dunha análise de tipo exploratorio-descritivo de tipo cuantitativo, analízanse durante o mes de outubro de 2019 as Televisións Públicas Europeas que desenvolveron novas plataformas de difusión de contidos orixinais como vía para atraer e fidelizar aos espectadores máis novos. O obxecto de estudo céntrase nas plataformas resultantes da análise e na súa oferta de contidos. Os resultados mostran como algúns dos grupos televisivos europeos apostan por adaptarse aos patróns de consumo das novas xeracións, cunha oferta paralela de contido caracterizada pola participación, a interactividade e a multimedialidade, concibida para un consumo áxil e exclusivamente en liña.

Autor/a: Ana Isabel Rodríguez Vázquez , Noelia Francisco Lens Ano: 2020Titulo: A innovación da Televisión Pública Europea na oferta audiovisual dixital: novas plataformas para a Xeración Z Categoría: Artigo de divulgación Título revista/libro: Revista De La Asociación Española De Investigación De La ComunicaciónVolume: 7Número: 13Páxina inicial: 185Páxina final: 212URL: https://doi.org/10.24137/raeic.7.13.9
© 2025 Estudos Audiovisuais