Aberta a inscrición para a 8ª Conferencia Internacional de Cinema de Viana do Castelo
As persoas interesadas en participar poderán enviar propostas de comunicación até o 15 de febreiro
A Conferência Internacional de Cinema de Viana é un espacio de reflexión e partilla de experiencias organizada por AO NORTE – Associação de Produção e Animação Audiovisual y por la Cámara Municipal de Viana do Castelo, cara a construción dunha comunidade internacional de intereses e de divulgación de proxectos relacionados con dúas temáticas centrais do cinema – cinema e escola, e cinema: arte, ciencia e cultura.
A organización vén de abrir o prazo para o envío de resumos da súa oitava edición, que se desenvolverá en Viana do Castelo do 9 ao 10 de maio de 2019.
O prazo para a presentación de propostas segue o seguinte calendario:
» Inscrición para o envío de resumos: até o 15 de febreiro de 2019.
» Comunicación de aceptación de resumos: até o 15 de marzo de 2019.
» Envio de comunicacións e pagamento (conferencistas): até o 22 de abril de 2019.
+ info. en XIX Encontros de Cinema de Viana do Castelo
A Conferencia forma parte dos Encontros de Cinema de Viana, unha experiencia única para a formación, debate e convivencia de estudantes de cinema, investigadoras/es, e público xeral de Portugal e Galiza, enriquecido coa participación activa de profesionais do medio artístico.
Este espacio de exhibición, divulgación e reflexión aposta fortemente pola aproximación ao público máis novo, por convocar un espectro amplo e plural de participación e por estimular o traballo creativo sobre a imaxe e o seu poder para representar o que nos rodea.
AO NORTE – Associação de Produção e Animação Audiovisual, é unha asociación sen ánimo de lucro fundada en decembro de 1994. Ten por finalidade a produción e divulgación audiovisual, amais da cooperación para o desenvolvemento, na área do ensino a educación e a cultura, especialmente a través da divulgación das realidades dos países en vías de desenvolvemento.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
