A doutora Margarita Ledo Andión, directora do Grupo de Estudos Audivisuais, presenta en Bos Aires o volume Cine, Diversidade e Redes. Pequenas Cinematografías, Políticas da Diversidade e Novos Modos de Consumo Cultural, unha publicación do GEA e a Área Trasndepartamental de Crítica de Artes do Instituto Universitario Nacional del Arte (IUNA) da Arxentina . O libro foi redactado ao abeiro dun dos máis recentes proxectos de I+D+i do GEA , “Cine, Diversidade e Redes” que tiña como finalidade coñecer e analizar a recepción de produtos cinematográficos galegos a partir de determinadas variables tecnolóxicas e culturais que afectan aos novos modos de circulación da produción audiovisual en Arxentina, Brasil e Uruguai. A pesquisa conta coa colaboración de investigadores e grupos de recepción da Universidad Nacional de Quilmes, o IUNA e o Museo da Federación Galega en Arxentina, da Pontificia Universidade Católica de Río Grande do Sul en Brasil, e da Instituto Escuela Nacional de Bellas Artes de la Universidad de la República e o Patronato da Cultura Galega en Uruguai.
Na mesa de presentación do volume interveñen:
Margarita Ledo: directora da investigación e da obra.
Patricia Alonso e Ruy Farías: coordinadores do grupo de recepción do Museo da Emigración Galega
Óscar Traversa: coordinador do grupo de recepción da IUNA
Data de celebración: 31 de outubro de 2013
Hora de celebración: 17:30 h
Lugar de celebración: IUNA. Bartolomé Mitre, 1869. 3º andar Aula Maior. Bos Aires.
Prologo Cine, Diversidad y Redes. A Gumucio




Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
