Presentación do libro “Unha arca entre Peixes e Pantasmas. Novas Olladas á costa galega”
Terá lugar na Casa do Taberneiro o vindeiro 18 de outubro ás 19.00h.
“Unha arca entre Peixes e Pantasmas. Novas Olladas á costa galega” conformouse como peche da 2ª edición do obradoiro de fotografía documental títulado Novas olladas á costa galega. O proxecto, impulsado polo Grupo de Estudos Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela xunto co colectivo fotográfico Ollo, rematou coa realización dun curso de fotografía documental no Concello de Noia durante os días sábado 6 de xullo e domingo 7 de xullo de 2024. O alumnado, conxuntamente, puido articular un ensaio fotográfico grazas ao apoio dos membros do colectivo. Desta experiencia conxunta xorde este libro.
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
O vindeiro venres, día 10 de abril, Sara Calvete Lorenzo, investigadora en formación do Grupo de Estudos Audiovisuais, defenderá a súa tese doutoral. A defensa terá lugar na Sala de Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela ás 11h. A tese, dirixida pola profesora da mesma facultade Antía […]
Os investigadores do Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) da Universidade de Santiago de Compostela participaron no II Coloquio Internacional Repensar a América Latina – Decolonialidade, Interculturalidade e Novas Subxectividades, celebrado en Braga (Portugal), entre o 24 e o 27 de febreiro. O evento foi organizado pola Universidade Federal de Alagoas (UFAL, Brasil) e o Centro […]
