O VIII Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes galegas e lusófonas
O festival terá lugar en Vigo do 30 de abril ao 5 de maio
Desde o 30 de abril e até o 5 de maio o Festival Primavera do Cine darán comezo ás proxeccións da sección oficial cun total de 44 obras, 10 delas longametraxes. Abrirá a oitava edición do certame No intenso agora de João Moreira Salles, un ensaio documental que, a través de diferentes imaxes de arquivo, fala dos eventos de maio do 68 en París, a Primavera de Praga e a Chinesa comunista de Mao.
Entre as obras galegas escollidas destacan Trote, primeira longametraxe de Xacio Baño, que vén de colleitar numerosos éxitos e ser exhibida en varios festivais internacionais (Locarno, San Sebastián ou Suíza), así como Os fillos da Vide, tamén unha ópera prima de Ana Domínguez, premio ao mellor filme galego na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego. O resto da sección oficial de longametraxes galegas completarase con Gallo, de Antonio Díaz Huerta e La felicidad de los perros de David Hernández.
Entre as longametraxes lusófonas en competición atópanse Deslembro, un filme de tintes autobiográficos da directora Flávia F. Castro; Alva, primeira longametraxe de Ico Costa, Ferrugem do brasileiro Aly Muritiba, Premio da Industria Cine en Construcción 2017 no Festival de San Sebastián; Extinção, de Salomé Lamas documental gañador do Premio Nuevas Olas – No ficción do Festival de Cine de Sevilla 2018; e Chuva é cantoria na aldeia dos mortos, de João Salaviza e Renée Nader Messora, premio Especial do Xurado no Festival de Cannes 2018.
O Primavera do Cine tamén someterá a concurso 9 curtametraxes galegas e 12 lusófonas, 13 curtametraxes de animación e 19 videoclips. A sección oficial comeza trala retrospectiva Viva Cuba que, entre o 22 e o 25 de abril, explora a evolución política do país e a súa historia cinematográfica con filmes como Now!, de Santiago Álvarez; Soy Cuba, do soviético Mikhail Kalazotov; Lucía de Humberto Solás; Clandestinos de Fernando Pérez e Fresa y chocolate, de Tomás Gutiérrez Alea e Juan Carlos Tabio.
Ademais, Manolo González recibirá a mención honorífica deste certame, promovido por Reencanto Producións co apoio do Concello de Vigo, a Xunta, a Deputación de Pontevedra, o Instituto Camões e Afundación de Abanca.
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
