O simposium sobre a impronta de Wenceslao Fernández Flórez no cinema español celebrarase en Santiago e A Coruña os días 27 e 28 de marzo
Como xa anunciaramos, o Proxecto de Investigación “Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez” celebrará a comezos da primavera un simposium internacional dirixido polo propio Investigador Principal, José Luis Castro de Paz, no que destacados investigadores do cinema e a literatura reflexionarán sobre a decisiva relación da obra de Fernández Flórez coa configuración de certos modelos de estilización no cinema español das dúas primeiras décadas posbélicas.
O encontro levará por título “Costumismo, humor, melancolía, reflexividade: Impronta de Wenceslao Fernández Flórez no cinema español” e estará organizado polas Universidades de Santiago de Compostela e A Coruña, o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña e o Centro Galego de Artes da Imaxe. Deste xeito, a inauguración será o xoves 27 de marzo en Santiago de Compostela, clausurándose o venres 28 na Coruña.
Por outra banda, ademais de servir como eixe fundamental do Proxecto de Investigación, o simposium consistirá nun dos eventos centrais da conmemoración do cincuentenario do pasamento do escritor coruñés.
Proximamente ampliaremos estas informacións co programa completo e as instrucións para a inscrición.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
