O I+D+i EDCINEMA organiza en París o seminario: “Vers l’Espace Numérique Européen. Le rôle des petites cinématographies en V.O.”
O 4 de decembro terá lugar en París o seminario Vers l’Espace Numérique Européen. Le rôle des petites cinématographies en V.O.”, que organiza Grupo de Estudos Audiovisuais en colaboración co Centre d’Études sur les Médias, les Technologies et l’Internationalisation da Université París 8.
Investigadores internacionais levarán a debate a redefinición dos cinemas nacionais europeos na procura de novas fórmulas, novas expresións, que lles permitan ocupar o espazo xeopolítico que lles é propio.
O debate estará dirixido polo investigador Jaques Guyot (Université París 8) e contará coa presenza de Margarita Ledo Andión, investigadora principal do Grupo de Estudos Audiovisuais da USC.
O evento forma parte das actividades de difusión proxecto do Plan Nacional de I+D+i “Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das cinematografías pequenas en versión orixinal”(ref. CSO2012-35784. Ministerio de Economía e Competitividade).
A Oficina de Igualdade de Xénero da USC outorga ao Grupo de Estudos Audiovisuais a Mención Honorífica en recoñecemento a unha consolidada traxectoria de investigación e actividades formativas con perpectiva de xénero. Entre as iniciativas e accións promovidas polo GEA e valoradas para a concesión desta mención, a Universidade pon énfase no desenvolvemento do CO(M)XÉNERO-Seminario […]
A Asociación Española de Investigación de la Comunicación (AE-IC) acaba de publicar en aberto o libro de homenaxes da última edición do seu congreso internacional, que recoñeceu a traxectoria de Margarita Ledo Andión, Néstor García Canclini e Ramón Zallo. O volume inclúe as laudatorias que lles dedicaron Emili Prado, Miquel de Moragas e Mª Trinidad […]
A Cátedra Juan Antonio Ramírez do Museo Reina Sofía convida á investigadora, cineasta, poeta e escritora Margarita Ledo Andión ao seu programa de conferencias maxistrais. Baixo o título “Exilio. Feminismo. Ensaio fílmico: o corpo como vestixio“, Ledo Andión propón unha reflexión en torno ao corpo como punto de chegada logo de percorrer un fío invisible que […]