Margarita Ledo participará no curso: Habitar el lenguaje: arte, política y ficción o vindeiro 19 de xuño
O curso é organizado polo Círculo de Bellas Artes de Madrid e terá opción presencial e online
A Catedrática de Comunicación e IP do Grupo de Estudos Audiovisuais, Margarita Ledo, participará no curso: Habitar el lenguaje: arte, política y ficción o vindeiro 19 de xuño.
O curso, organizado polo Círculo de Bellas Artes de Madrid, aborda as formas contemporáneas de representación e as súas implicacións políticas e sociais desde diferentes perspectivas e disciplinas. Esta reflexión inscríbese especialmente no espazo xeopolítico da cultura europea que, como todas as culturas, se articula arredor da dimensión constituínte da ficción.
Haberá opción presencial e online.
HABITAR EL LENGUAJE: ARTE, POLÍTICA Y FICCIÓN Directora: Pilar Carrera
19 de junio
Pilar Carrera (Universidad Carlos III de Madrid)
Margarita Ledo (Universidade de Santiago de Compostela)
20 de junio
Jenaro Talens (Universidad de Ginebra) Darío Villanueva (Académico de la RAE)
21 de junio
Jesús González Requena (Universidad Complutense de Madrid) Riki Blanco (Ilustrador)
22 de junio
Niño de Elche (Músico) en conversación con Miguel Álvarez Fernández (Ars Sonora) Pepa Blanes (Periodista)
23 de junio
Fernando Beltrán (Poeta)
Charo Lacalle (Universidad Autónoma de Barcelona)

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
