Margarita Ledo participa na presentación da exposición itinerante GalizAmérica
A mostra amosa o espertar da conciencia galega en América a través da laboura dos intelectuais emigrados
A Sala das Cunchas do Grove é o lugar escollido para dar apertura a esta mostra que homenaxea a cultura galega na diáspora. De setembro a decembro, a exposición promovida pola Deputación de Pontevedra e comisariada por Carmen Carreiro e Ramón Nicolás, percorrerá Gondomar, A Guarda, Redondela e Poio.
GalizAmérica percorre a historia da colectividade galega no exlilio e os fitos acadados polos intelectuais galegos migrados a América a través de 13 paneis que afondan en tres temas centrais: as causas e condicións do exilio, a xenerosidade da acollida e o xérmolo da conciencia galega, e as relacións entre a Galiza interior e exterior, amais da pegada de autores coma Lugrís, Freire, Castelao, Seoane ou Colmeiro na evolución do país.
A mostra complétase coa proxección do filme A cicatriz branca de Margarita Ledo Andión, e varias conferencias sobre o exilio.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
