Margarita Ledo Andión participará na presentación do libro “O pasado por vir II. Un tempo posible”
A Catedrática de Comunicación audiovisual é autora dun dos artigos deste volume
A catedrática de Comunicación Audiovisual da USC e IP do Grupo de Estudos Audiovisuais, Margarita Ledo, participará na presentación do libro “O pasado por vir II. Un tempo posible” no que colabora cun artigo.
O acto que terá lugar o mércores 3 de maio ás 19:30h, no salón de plenos do Pazo Provincial, será presidido por Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, que estará acompañada pola deputada de Patrimonio Documental e Memoria Histórica, María Ortega.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
