Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Inauguración da exposición “Orixe”

29/05/2017

“Orixe é un relato fotográfico do noso pasado actualizado”

Unha creación para poñer punto e final a catro anos de experiencia universitaria. Esa foi unha das claves da presentación de ‘Orixe’, unha exposición fotográfica na que os alumnos de cuarto de Xornalismo da USC plasmaron os seus recordos de infancia. Na mostra, que foi inaugurada esta mañá, poden apreciarse dende unhas porterías, pasando por esas bonecas coas que se xogaba de pequeno, ata unha actualización da foto que ocupa un lugar destacado nas estanterías da casa e que inmortaliza un momento do pasado.

Esta exhibición, enmarcada dentro das prácticas da materia Fotografía Contemporánea, divídese en tres ópticas distintas para coñecer os comezos persoais deses alumnos. Un espazo está dedicado a recrear unha fotografía de pequeno, volvendo ao mesmo lugar onde se tomou a instantánea. Unha segunda parte céntrase nos obxectos que máis marcaron a esas persoas: dende un libro ata un xoguete. Por último, a terceira das división desta exposición inmortaliza ese lugar que tantos recordos trae dos primeiros anos de vida, como a casa dos avós ou a praia.

Na presentación estiveron presentes, ademais dos propios alumnos, o profesor da materia Andrés Fraga e as representantes do Grupo de Estudos Audiovisuais, Margarita Ledo e Marta Pérez. Os propios autores das imaxes destacaron a importancia deste proxecto, que “fai botar a vista atrás e rememorar eses lugares ou obxectos, que cambiaran ou non, son verdadeiramente importantes para nós”. Pola súa parte, Ledo remarcou a importancia deste tipo de proxectos, engadindo que esta exposición, ao igual que a de anos anteriores, serán editadas polo Grupo de Estudos Audiovisuais nunha publicación que permita documentar os tres primeiros anos de esta iniciativa fotográfica. Ledo remarcou que accións como estas entran dentro da liña de investigación fotografica que leva a cabo o profesor Andrés Fraga dentro do grupo.

Este proxecto, que consta de 50 fotografías que poden ser visualizadas en tres espazos da singular estrutura da Facultade de Ciencias da Comunicación, estará disponible ata mediados de outubro..

MÁIS NOVAS
Margarita Ledo Andión participa no Málaga Docs
A profesora Ledo Andión escribiu o limiar do libro colectivo El documental en España. Historia, estética e identidad.
14/03/2023

O Festival de Málaga retoma as xornadas Málaga Docs coa publicación do libro colectivo El documental en España. Historia, estética e identidad, editado por Cátedra e o propio festival. Complementando a presentación deste volumen celébrase o Encuentro de Cine Documental 2023, En el espejo: una mirada compartida al cine documental en España, que traslada algúns dos […]

Seguir lendo
Chamada de Artigos para a revista Cinema & Território (C&T)
Está aberta a "Chamada de Artigos" para o n.º 8 da Cinema & Território, sobre a temática Documentais (auto)biográficos
06/03/2023

A revista Cinema & Território (C&T) é unha publicación científica anual e internacional de arte e antropoloxia das imaxes da Universidade da Madeira (UMa). A C&T está aberta a propostas para publicación de investigadores internos e externos á UMa, que se encadren nos dominios das artes e dos estudos cinematográficos, da antropoloxia visual e das imaxes […]

Seguir lendo
Premio Mozo de Investigación en Comunicación ‘Enrique Bustamante’
A Asociación Española de Investigación de la Comunicación (AE-IC ) convoca o Premio Mozo de Investigación en Comunicación 'Enrique Bustamante'.
03/03/2023

O certame ten dúas modalidades: monografía e artigo, o premio consistirá nun Diploma acreditativo e unha axuda de até 1.500€ para gastos de publicación do mellor monográfico presentado, e de 400€ para o mellor artigo que supere o proceso de revisión para ser publicado na Revista de la Asociación Española de Investigación de la Comunicación […]

Seguir lendo
© 2023 Estudos Audiovisuais