GEA participa nas actividades docentes do Filmes do Homem, Melgaço International Documentary Film Festival
Fóra de Campo é o nome do Curso de Verán que vai ocorrer no ámbito de FILMES DO HOMEM – Melgaço International Documentary Film Festival. Será u encontro de reflexión e debate multidisciplinar – Ciencias Sociais, Artes e Ciencias da Comunicación, en torno do tema Cinema e Miracións, e resulta da parcería da Câmara Municipal de Melgaço com a AO NORTE – Associação de Produção e Animação Audiovisual em colaboração com Universidades e Grupos de Investigação/Pesquisa de Portugal, Brasil e Galiza, entre os que se atopa o Grupo de Estudos Audiovisuais.
Son obxectivos do curso a aproximación das abordaxes artísticas, tecnolóxicas e das ciencias sociais e humanas do cinema; a colaboración das Redes e Grupos de Investigación/Pesquisa participantes no Festival; o envolvimento da poboación e comunidade local nas atividades culturais e artísticas realizadas no Curso de Verán e no Festival; contribuir para a afirmación da cultura e desenvolvimento local.
O curso terá uma componente teórica – conferencias e seminários, unha componente teórico-prática workshops, unha componente prática – trabalho de campo e visionado de filmes integrada no FILMES DO HOMEM e un proxecto e produto final presentado polos participantes que pretendan uma certificación.
Área Científica – Ciências Sociais, Artes e Ciências da Comunicación
Coordenador Geral – José da Silva Ribeiro
Fora de Campo
Curso de Verán
DATA: 5 a 9 de Agosto de 2015
LOCAL: Casa da Cultura de Melgaço
Obxectivos do Curso
Aproximar as abordaxes artísticas, tecnolóxicas e das ciencias sociais e humanas ao cinema;
Proporcionar a colaboración das Redes e Grupos de Investigación/Pesquisa participantes no Festival;
Envolver a poboación e comunidade local (professores, animadores culturais, autarcas) nas atividades culturais e artísticas realizadas no curso e no Festival;
Contribuir á afirmación da cultura e ao desenvolvimento local.
Destinatarios
Interesados locais polas temáticas do cinema e das migracións
Profesores e animadores culturais
Migrantes
Documentaristas
Estudantes e investigadores
Horario
Os participantes poden assistir a todas as sesións do Curso de Verán ou escoller aquelas nas que estean interesados.
As sesións inclúen actividades teóricas, prácticas e a participación nas sesións de cinema e actividades do Festival.
Os interesados en que o Curso sexa acreditado deben participar en todas as actividades do Festival.
Programa
Imagem Documental – Seminário, Margarita Ledo, Universidade de Santiago de Compostela.
Migrações na Europa, Africa e Américas – Mesa Redonda – Maria Beatriz Rocha-Trindade, CEMRI – Universidade Aberta; Zilda Márcia Iokoi, Diversitas – Universidade de São Paulo, Albertino Gonçalves, CECS – Universidade do Minho; Mariano Báez Landa, CIESAS-Golfo en Xalapa, Veracruz, México.
Cinema e Migrações – Seminário – Manolo Gonzalez, professor de “Concepción Arenal” de Ferrol, José Vieira cineasta documentarista, José da Silva Ribeiro, CEMRI – Universidade Aberta.
Metodologias audiovisuais de pesquisa e web-documentário – Workshop – José Carlos Sebe Bom Meihy, DIVERSITAS, Manuela Penafria, Universidade da Beira Interior; Sérgio Bairon, DIVERSITAS, Universidade de São Paulo; José da Silva Ribeiro, CEMRI – Universidade Aberta; María Yáñez Anllo, Universidade de Santiago de Compostela.
Os interesados en obter un certificado do Curso terán que participar na realización dunha produción audiovisual e presentar un relatorio final das actividades.
Inscricións
Prezo da inscrición – 50€
Inscrición de participantes do concello de Melgaço – gratuita
Inscrición con aloxamento e comidas(aloxamento nun hotel e comidas nos días 5, 6, 7, 8 e 9) – 250€
A auto-biografía política, dar a ver a súa construción, a marca do dispositivo, o real como material que “debe ser ficcionado para ser pensado (Rancière) é un dos sinais e tamén os arquivos re-significados polas escrituras do “eu”, polo corpo, polos seus ecos, pola actuación… son entradas polas que accedemos ao interior do labirinto a […]
A Academia Galega do Audiovisual entregou na terza feira, día 12, os galardóns da oitava edición dos Premios María Luz Morales de ensaio e videoensaio sobre o audiovisual. Nesta edición, premiáronse dous videoensaios e dous ensaios escritos. Esta iniciativa pioneira conta co respaldo das catro deputacións galegas. A entrega de premios tivo lugar no Pazo […]
A profesora e investigadora da USC, adscrita ao GEA, María Soliña Barreiro foi a coordinadora de contidos do II Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA) que se celebrou os días 7, 8 e 9 de novembro na Cidade das TIC da Coruña. Baixo o lema “A lingua e o audiovisual”, este foro serviu para debater […]