Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Exposición Fernando Rey: Cabaleiro do cinema

09/10/2017

Con motivo do centenario do seu nacemento o 20 de setembro de 1917, o concello da Coruña rende homenaxe a un dos seus máis universais cidadáns, o actor Fernando Rey (Fernando Casado Campolongo), a través da exposición Fernando Rey. Cabaleiro do cinema (1917-2017) (Kiosko Alfonso, 20-9/19-11), baseada, en boa parte, nas fotografías, documentos, premios e recordos que el mesmo foi conservando ao longo da súa vida. A mostra, tras indagar por medio de imaxes e textos na infantil etapa herculina do futuro intérprete, analiza as diversas etapas e principais filmes da súa extensa carreira interpretativa.

Á vez, e no Centro Galego de Artes da Imaxe-Filmoteca de Galicia (rúa Durán Loriga 13, baixo), un extenso ciclo de películas permitirá (desde o 21 de setembro) revisar os seus títulos máis destacados, que atravesan medio século do mellor cine español e mundial.

Membro dunha familia da burguesía industrial coruñesa, fillo do destacado militar Fernando Casado Veiga, co que compartirá a trinchera republicana durante a Guerra Civil, o final da contenda cambiará a súa vida para sempre.

Actor case por necesidade, encarcelado o seu pai, despuntará como mozo galán no cine español dos anos 40 e 50, grazas ao seu elegante porte e á calidade extraordinaria da súa voz, en títulos de tanto éxito como Los últimos de Filipinas (A. Román, 1945) ou Locura de amor (J. de Orduña, 1948).

Republicano e progresista, vincularase cos movementos renovadores do cine español, colaborando con directores como Berlanga (é a voz narradora de ¡Bienvenido, Mister Marshall, 1952) ou Bardem (Cómicos, 1953; La venganza, 1957) e formará parte de UNINCI, decisiva productora disidente. Rodará con Buñuel catro títulos soados (Viridiana, 1961; Tristana, 1970; El discreto encanto de la burguesía, 1972; Ese oscuro objeto de deseo, 1977), modulando a súa personalidade de elegante e aristocrático hidalgo de escura complejidad psicolóxica, e o seu dominio do inglés e do francés permitiralle converterse nun prestixioso actor internacional, presente nos repartos de películas inesquecibles -como Campanadas a medianoche (O. Welles, 1966) ou The French Connection (W. Friedkin, 1971)- xunto ás máis famosas estrelas do cine mundial (de Paul Newman e Ingrid Bergman a Peter Ustinov, Alberto Sordi, Faye Dunaway ou Max Von Sydow)

Merecedor dos máis prestixiosos galardones dentro e fóra de España (como o obtido no Festival de Cannes de 1977 polo seu papel en Elisa vida mia, dirixida Carlos Saura, ou o Premio Goya por Diario de invierno [Francisco Regueiro, 1988]), falece en 1994 tras realizar na serie El Quijote, dirixida por Manuel Gutiérrez Aragón para RTVE, a postrera e magistral demostración do seu inmenso talento interpretativo.

MÁIS NOVAS
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026

O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]

Seguir lendo
Defensa da tese doutoral: « Gramática da ferida: Triplo Corte no Novo Extremismo Francés».
08/04/2026

O vindeiro venres, día 10 de abril, Sara Calvete Lorenzo, investigadora en formación do Grupo de Estudos Audiovisuais, defenderá a súa tese doutoral. A defensa terá lugar na Sala de Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela ás 11h. A tese, dirixida pola profesora da mesma facultade  Antía […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais