O Grupo de Estudos Audiovisuais subiu a Vimeo dúas novas entrevistas realizadas a expertos no marco do proxecto eDCINEMA. Neste caso trátase de Alfonso Gumucio Dagron e Raúl Trejo. Gumucio Dagron é cineasta, escritor e membro da Asociación Latinoamericana de Investigadores da Comunicación, e Raúl Trejo é profesor da Universidad Nacional Autónoma de México. Nas entrevistas abordan temas relacionados co proxecto do GEA, como a estandarización de contidos, o efecto dos cambios tecnolóxicos ou as variantes lingüísticas, co obxecto de explorar a relación do cinema e as políticas da diversidade.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
