Enrique Castelló participa no podcast “La tribu hereje”
O coordinador do GEA reflexionou sobre inclusión e brecha digital
Enrique Castelló, profesor de Ciencias da Comunicación da USC e coordinador do Grupo de Estudos Audiovisuais, presentou un escenario desmitificador de infundados estigmas, que campan en torno á dixitalización e ás tecnoloxías emerxentes, á inclusión e á brecha dixital no capítulo 4 de La tribu hereje. Un podcast contra o idadismo que se basea na interxeneracionalidade como vacina contra o mesmo.
Podes ver o vídeo completo aquí.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
