
Chamada de traballos para o XESCOM 2019-Porto
Peche do prazo para o envío de propostas: 10 de febreiro
Últimos días para o envío de propostas de comunicación ao IV Simpósio da XESCOM – Red Internacional de Investigación de Gestión de la Comunicación.
Os resumos das comunicacións debe ser enviados até o 10 de febreiro conforme as seguintes regras:
– Estar redactado en galego, catalán, éuscaro, español, portugués, inglés ou francés.
– Ter até 500 palabras;
– Referir o título da comunicación;
– Referir a autoría da comunicación;
– Referir a universidade e/ou centro de investigación ao que pertence;
– Referir o enderezo de e-mail das persoas responsables da autoría
As propostas deben ser enviadas aos seguintes enderezos: paulo.
Liñas temáticas
- Media e comunicación nas industrias creativas
- Modelos de negocio e innovación da comunicación, medios e cultura
- Mercado, produción, xestión editorial e desafíos do dixital
- A economía e a xestión das artes e a cultura
- Márketing en industrias creativas e culturais
- Espírito de empresa na comunicación, cultural e industrias creativas
- Desenvolvemento rexional e clústers nas industrias culturais creativas
- Cidades creativas, intelixentes a arte urbana
- Tecnoloxía aplicada ás industrias da comunicación e a cultura
- Teorías e métodos en estudos de media, comunicación e cultura
- Xestión da comunicación no contexto da diversidade cultural
- Dinámicas de produción e mercado da cultura, o lecer e o turismo
- Políticas publican na comunicación, media e industrias creativas
- Televisión e futuro do servizo público audiovisual
- Medios de comunicación tradicionais (prensa, radio e televisión), metamedios dixitais (blogues, sitios web, plataformas), redes sociais xeneralistas e científicas
- Xornalismo no ecosistema de converxencia multiplataforma, multipantalla, transmedia e mobilidade Organización, xestión, modelos e formatos de debates electorais
- Comunicación corporativa, política e institucional
- Xestión de relacións públicas
- Responsabilidade Social Corporativa: estratexia, impacto, implementación, avaliación, certificación e acción social
- Publicidade tradicional ou novas formas de comunicación persuasiva, patrocinio, mecenado, intercambio, product placement
Neurocomunicación e neuromarketing - Comunicacións libres

Esta semana chega ás salas de cinema Longa noite, o novo filme de Eloy Enciso, un retrato da sociedade galega da posguerra construído a partir de textos de Max Aub, Luís Seoane ou Alfonso Sastre. Para celebralo, a sala NUMAX organiza, do 5 ao 12 de decembro, unha serie de coloquios e presentacións nas que […]
A Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España vén de anunciar as candidaturas aos Premios Goya 2020, nas que o cinema galego sobresae cos catro nomeamentos para O que arde (Óliver Laxe, 2019) nas categorías de Mellor dirección, Mellor película, Mellor actriz revelación, con Benedicta Sánchez (O Corgo, Lugo), e Mellor fotografía, a […]
Regresa en novembro CO(M)XÉNERO. Seminario Permanente de Comunicación e Xénero da USC para, nesta ocasión, dar voz ás mulleres que fan dos videoxogos a súa paixón e a súa profesión. Pioneiras galegas, docentes, investigadoras, programadoras, artistas e tamén divulgadoras estarán os días 18 e 19 de novembro na Facultade de Ciencias da Comunicación para falar […]