Internet e o audiovisual están a transformar o noso mundo, pero o seu potencial non pode alcanzado ata que sexa completamente accesible e permita a participación de todos os cidadáns na súa vida cotiá. Por esta razón, o acceso aos medios convertiuse nun conductor esencial para a inclusión social e recibiu recentemente recoñemento na literatura, na fundación de programas de investigación na UE e na lexislación europea, coma a Acta de Accesibilidade Europea e a revisión da Directiva AVMSD.
Parcialmente fundada pola Comisión Europea, o primeiro Congreso Internacional da Plataforma de Accesibilidade aos Medios busca promover o coñecemento e o debate no presente e especialmente no futuro da accesibilidade aos medios coma un instrumento crucial para a inclusión social e cultural de todos os humanos, especialmente daqueles con necesidades específicas, coma usuarios xordos ou cegos, persoas con problemas cognitivos, audiencias estranxeiras, nenos e os maiores de Europa e alén. O congreso servirá tamén para a presentación do MAP (Plataforma de Accesibilidade aos medios), a primeira plataforma basada na nube que cubrirá todos o relacionado coa investigación, adestramento, practica profesional e lexislación respecto da tradución audiovisual e da accesibilidade aos contidos arredor do mundo. Tamén axudará a crear a primeira plataforma multi-stakeholder para coordinar o traballo en accesibilidade aos medios feito a nivel internacional.
O congreso busca ofrecer unha plataforma para o debate e está a buscar contribucións nalgúns do seguintes temas relacionados coa accesibilidade aos medios e a tradución audiovisual:
Lexislación
Guías e estándares
Calidade
Tecnoloxía
Proxectos fundados na Unión Europea
Estudos descritivos e baseados no corpus
Estudos de recepción
Novos enfoques
Formación
Práctica profesional
Perspectivas de usuario
O congreso tamén contará con presentacións a cargo de convidados dalguns dos stakeholders líderes en accesibilidade aos medios a nivel europeo incluíndo:
Inmaculada Placencia Porrero (Directorate General for Justice, European Commission)
Alejandro Moledo (European Disability Forum)
Maria Bergerlind Dierauer (European Regulators Group for Audiovisual Media Services)
Jacques Lovell (European Broadcasting Union)
Gregoire Polad (Association of Commercial Television in Europe)
Joanna Wrona (European Commission Directorate General)
Gion Linder (European Broadcasting Union, SWISSTxt)
David Wood (United Nations, ITU-IRG AVA)
ENVÍO DE RESUMOS
Para envíar o teu resumo (max. 400 palabras) é preciso completar o formulario da web do Congreso MAPIC () antes do 30 de xuño de 2017.
Máis información en: http://www.mapaccess.org/mapic-call-papers
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
