Aberto o envío de comunicacións ao IX Encontro Anual da Associação de Investigadores da Imagem em Movimento
Até 15 de novembro de 2018
A Associação de Investigadores da Imagem en Movimento (AIM) invita a enviar propostas de comunicación para o seu IX Encontro Anual, que terá lugar en Santiago de Compostela do 13 ao 16 de maio de 2019, coa colaboración da Facultade de Xeografía e Historia da USC. Admítense propostas en portugués, galego, castelán ou inglés, que non excedan os 1500 caracteres (incluíndo espazos), nas seguintes áreas: cinema, televisión, vídeo e medios dixitais. As contribucións poderán ter forma de comunicacións individuais ou paneis pre-constituidos e o prazo para a recepción das mesmas remata o 15 de novembro.
Creada en 2010, a AIM pretende reunir en Portugal a investigadoras/es que teñen en común obxectos e temas de pesquisa relacionados coa imaxe en movemento. Con este obxectivo, a asociación realizou xa oito encontros anuais: na Universidade do Algarve, Faro (2011), na Universidade Católica Portuguesa, Lisboa (2012), na Universidade de Coimbra (2013), na Universidade da Beira Interior, Covilhã (2014), no ISCTE – Instituto Universitário de Lisboa (2015), na Universidade Católica Portuguesa, Porto (2016), na Universidade do Minho, Braga (2017) e na Universidade de Aveiro (2018).
As propostas para este IX Encontro Anual poden ser enviadas por membros da AIM (inscrición gratuíta) e por non membros (cunha taxa de inscrición de 60 €, tras a aceptación do traballo). Os proponentes que sexan membros da AIM terán que renovar a súa inscrición e proceder ao pagamento das cotas relativas á anualidade de 2019 até o 15 de novembro de 2018 (30€/normal; 20€/estudante).
Para más informacións sobre as condicións de participación, formas de contribución e envío de propostas, descarga a Chamada de Comunicacións
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
