Unha aproximación ao escenario laboral da industria da música en Galicia
A industria musical en Galicia, pola súa dimensión, estratexia, elementos identitarios, autoría, emprendemento… precisa de estudos puntuais e de seguimento no tempo que amosen a súa realidade e a súa evolución. Cos datos obtidos e as hipóteses expostas nestes traballos sectoriais, estaremos en condicións de acadar propostas e estratexias fundamentadas para o desenvolvemento óptimo da industria musical da nosa comunidade, así como a súa proxección internacional. Neste caso que nos ocupa, amósase, a modo de avance primixenio, onde está situado e cal é a fragmentación administrativa e comportamento do mercado laboral deste sector e cales son as oportunidades que pode ofrecer.
Autor/a:
Xaime Fandiño, Zósimo López Pena e Henrique Neira Pereira Ano: 2016Titulo: Unha aproximación ao escenario laboral da industria da música en Galicia
Categoría:
Capítulo de libro
Título revista/libro: A comunicación en Galicia 2015. Xosé López García e Rosa Aneiros (coord.)Páxina inicial: 195Páxina final: 210Cidade: Santiago de CompostelaPaís: Galicia (España)Editorial: Consello da Cultura Galega