Transcoding strategies for prime TV genres in Spain
Ao consumo á carta, aos contidos “extra” ou aos novos servizos que permite a tecnoloxía da televisión dixital, converxente e conectada únese a conversación. O público ten máis poder de decidir sobre o seu consumo e de influír na programación cos seus comentarios. As versións online dos produtos televisivos reforzan ese poder tralo que se ocultan novas estratexias de negocio. O éxito xa non está só no share senón tamén no video on demand (VoD) e a social-TV. O obxectivo deste traballo é comprobar como se transcodifica o clásico prime-time nos tres principais grupos xeralistas españois –RTVE, Atresmedia e Mediaset– e como se xestiona a interactividade dos distintos xéneros televisivos nas redes sociais. Os resultados mostran que aínda existen deficiencias no aproveitamento das posibilidades de interacción do medio televisivo cos seus públicos, especialmente nos xéneros informativos.