Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Registrar el concierto pop: usos amateurs de las tecnologías digitales de imagen y sonido

As tecnoloxías de gravación de audio e de vídeo evolucionaron de forma relativamente paralela. Nos dous casos o seu custe abaratouse, o seu manexo fíxose máis sinxelo e, en consecuencia, o seu uso xeralizouse. Na actual era dixital, o acceso de usuarios non profesionais a estas tecnoloxías dota de capacidade de rexistro da realidade a persoas que antes non a tiñan. Isto podería dar lugar tanto a novas maneiras de rexistrar como a novos usos para ese rexistro.

Este artigo abordará o desenvolvemento desta situación no contexto dos concertos de música pop e os rexistros que a audiencia fai deles. A hipótese proposta é que a tecnoloxía dixital fai que os usos amateurs do material pasen dunha vontade de simple rexistro a unha función narcisista, e niso a imaxe cobra importancia sobre o son. Isto investigouse a través da análise de rexistros amateurs de concertos pop e do estudo de comunidades de consumo organizadas online.

Autor/a: Cibrán Tenreiro Uzal Ano: 2017Titulo: Registrar el concierto pop: usos amateurs de las tecnologías digitales de imagen y sonido Categoría: Capítulo de libro Título revista/libro: Música, Sonido y Silencio en el Audiovisual: El sonido documental. Daniel Torras i Segura (ed.)Volume: 1 (Perspectiva Académica)Páxina inicial: 69Páxina final: 83Cidade: BarcelonaPaís: Cataluña (España)Editorial: CreateSpace Independent Publishing Platform
© 2024 Estudos Audiovisuais