Propuesta de alfabetización mediática ante los estereotipos de género en los medios de comunicación.
Resultados y valoración de 'Rostros de Mujer'.
Educar na sociedade actual require avanzar cara a novas formas de alfabetización que favorezcan unha actitude crítica cara aos medios de comunicación, como responsabilidade compartida por diversos actores. Neste traballo proponse un recurso innovador para mellorar a educación mediática dirixida a diferentes colectivos, abordando os estereotipos sexistas que aparecen en diferentes medios, mediante a ludoteca virtual “Rostros de Muller”. A continuación preséntanse os resultados obtidos trala súa implementación, así como a valoración dun grupo de expertos e expertas aos que se entrevistou. As conclusións permítennos progresar cara ao logro dunha cidadanía mediática, que interactúa cos medios de comunicación, analizando criticamente as mensaxes e as pantallas, grazas ao desenvolvemento da competencia mediática.