Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Perfís xornalísticos emerxentes recoñecidos na Universidade: investigación, conceptualización e oferta no Grao

A renovación dos perfís xornalísticos representa un dos principais desafíos profesionais e formativos nas próximas décadas. Mentres os medios de comunicación asumen os novos roles nun proceso cambiante de “ensaio e erro”, a universidade investi­ga esas adaptacións para trasladalas, progresivamente, á súa oferta na aula. Este artigo céntrase na perspectiva investigadora e formativa co obxectivo de coñecer cales son os perfís xornalísticos emerxentes máis recoñecidos no ámbito académico. Para iso recórrese a unha dobre metodoloxía me­diante unha revisión bibliométrica sobre 44 revistas (2000-2017) —que permite coñecer que perfís son os máis investi­gados e recoñecidos— xunto a unha aná­lise de contido da oferta de perfís de 39 Graos en Xornalismo en España sinalados como “saídas laborais”. Os resultados reflicten que predominan as investigacións ao redor de tres perfís —xornalista multimedia- multitarea, community manager e xornalista de datos—; ofrécense as denominacións, definicións e funcións atribuídas academicamente a cada un deles; e confírmase a limitada incorporación de perfís emerxentes como saídas la­borales expresamente recollidas nas webs dos Graos en Xornalismo.

Autor/a: Ana Isabel Rodríguez Vázquez , Pilar Sánchez-García, Berta García-Orosa, Xosé López-García Ano: 2019Titulo: Perfís xornalísticos emerxentes recoñecidos na Universidade: investigación, conceptualización e oferta no Grao Categoría: Artigo de divulgación Título revista/libro: TrípodosVolume: 45Páxina inicial: 157Páxina final: 177URL: https://doi.org/10.51698/tripodos.2019.45p157-177
© 2024 Estudos Audiovisuais