Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Perante a nova Lei do Audiovisual: análise e perspectivas

Este volume nace da colaboración entre academia, sector audiovisual e cidadanía, unidas pola preocupación perante as consecuencias que a o nova Lei Xeral da Comunicación Audiovisual terá para o audiovisual galego e a diversidade cultural e lingüística do sector, coa vontade de  transferir coñecemento á sociedade e prover recomendacións ás institucións públicas. O libro recolle as principais aportacións das xornadas, celebradas na Facultade de Ciencias da Comunicación o 15 de setembro de 2022 en colaboración con A Mesa pola Normalización Lingüística que contaron coa participación da Universidade do País Vasco, a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), a Asociación Galega Sindical de  Guionistas (AGAG), a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI), a Plataforma por la Llengua e Konstseilua.

Autor/a: María Soliña Barreiro Antía López Gómez , Ramón Zallo, Marcos Maceira, Francesc Marco-Palau, Paul Bilbao, Uxía Caride, Lidia Fraga, Samuel Solleiro Ano: 2023Titulo: Perante a nova Lei do Audiovisual: análise e perspectivas Categoría: Libro Título revista/libro: Perante a nova Lei do Audiovisual: análise e perspectivasCidade: Santiago de CompostelaPaís: EspañaEditorial: Axencia GráficaISBN: 978-84-09-47882
© 2024 Estudos Audiovisuais