New habits in smartphones photo management
Neste artigo revísanse os hábitos de uso e xestión das fotografías nos teléfonos intelixentes. Nun momento en que o smartphone é o produto tecnolóxico máis universal, sendo a súa cámara fotográfica un dos seus elementos máis importantes, xorde a hipótese de que os hábitos fotográficos actuais dos usuarios resaltan a capacidade de xestión dos sistemas operativos e aplicacións móbiles. Para obter unha mellor visión da situación actual, realizouse unha enquisa aos usuarios de teléfonos intelixentes sobre os seus hábitos na captura e xestión das imaxes, as propias e as doutros, dentro do teléfono, preguntando tamén sobre as súas expectativas futuras para o uso e almacenamento a longo prazo desas imaxes. Os resultados mostran unha falta de adecuación dos sistemas de xestión actuais e o almacenamento de imaxes no smartphone a longo prazo, afondando nos problemas que a chegada da cámara compacta dixital supuxo na xestión da fotografía persoal e familiar, e que están amplamente documentados. Os resultados deste estudo convidan a unha reflexión sobre como adaptar os sistemas de xestión fotográfica actuais a unha visión a longo prazo no ámbito persoal.