New distributed virtual TV set architecture for a synergistic operation of sensor and improved interaction between real and virtual worlds
Un set virtual é un estudio que permite combinar actores e obxectos gravados con entornos virtuais xerados por computador. Para lograr esta combinación sen suturas, trackeanse varios elementos como cámaras, obxectos e xente para que todas as súas accións no escenario teñan un efecto correspondente no mundo real. Porén, nos actuais sets de televisión profesionais, as posibilidades de tracking atópanse bastante limitadas por mor da arquitectura hardware e software empregada, que non evolucionou desde os primeiros prototipos presentados nos noventa. Esta arquitectura tradicional tende a ser ríxida, incluíndo só un sistema monolítico de tracking e baixos niveis de interactividade. Neste artigo introdúcese unha nova arquitectura hardware e software distribuída, flexible e escalable que permite a inclusión de múltiples tipos de aparellos en paralelo.