Natural interaction in virtual TV sets through the synergistic operation of low-cost sensors
Un set virtual combina imaxes do mundo real con entornos virtuais para obter imaxes que dan a impresión de seren elementos reais, como os actores ou os obxectos físicos, estando presentes nun escenario xerado por computador. Así, a audiencia ten a sensación dos talentos presentes nun espazo onde non están. Un dos aspectos máis relevantes para obter unha boa sensación de presenza no escenario é a capacidade dos actores para interactuar, en tempo real, co mundo virtual. Para facelo posible, é preciso trackear o corpo dos presentadores e detectar os seus xestos de tal xeito que estes poidan modificar o entorno sintético de maneira natural. Neste artigo, un estudo analiza a viabilidade do uso sinérxico de varios sensores para mellorar a interacción de actores coa escena, enfocándose principalmente na detección de xestos naturais. Proponse un novo fluxo de traballo, baseado na aprendizaxe de xestos naturais a través de técnicas de intelixencia artificial para usala nos informativos. Empregando esta aproximación no proceso de preprodución, os actores poden crear os seus propios paradigmas personalizados de interacción co entorno virtual, incrementando así o naturalismo do seu comportamento durante os informativos en directo e reducindo o tempo de entrenamento necesario para as novas producións.