Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Modos de representación en el cine español posbélico

José Luis Castro de Paz ofrece, a partir da pegada de Wenceslao Fernández Flórez, unha culminación e un punto de partida tras máis de dúas décadas de pescudas sobre o cinema español dos anos corenta. Como tal, está chamado a converterse no inescusable cimento historiográfico dende o que ollar con minuciosidade ata que punto os materiais populares a partir dos cales se xeran nos anos corenta (expandíndose e transformándose na década seguinte) as máis singulares e rugosas estilizacións (rechamante reflexividade, presenza de “dobres ficcións”, particularísima subxectividade “pictórica” que paradoxalmente renuncia ó punto de vista subxectivo, desolación psíquica dos protagonistas masculinos, humor e costumismo…) nútrense e/ou apóianse, trócanse e/ou radicalízanse a partir de fondas raspaduras formais cuxo embrión se atopa, en última instancia, na literatura do escritor Wenceslao Fernández Flórez (A Coruña, 1885-1964), o máis adaptado no período.

Autor/a: José Luis Castro de Paz Ano: 2013Titulo: Modos de representación en el cine español posbélico Categoría: Libro Cidade: SantanderEditorial: Shangrila
© 2024 Estudos Audiovisuais