Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Modelo de análise para canles de YouTube: aplicación a medios nativos dixitais

Introdución e metodoloxía: Investígase a participación en Youtube dunha mostra internacional de periódicos nativos dixitais de referencia a partir dun modelo de análise proposta polos autores.

Discusión: A avaliación ten en conta as variables que caracterizan os modelos xornalísticos de produción e distribución de contidos nos escenarios converxentes actuais tales como a implementación de estratexias de cross-promotion, o emprego de narrativas transmedia ou a habilitación de comunidades de usuarios ou de espazos específicos para a cocreación.

Resultados e conclusións: Os resultados diagnostican un sistema de traballo fundamentado en rutinas produtivas baseadas na difusión multiplatorma e crossmedia onde, por unha banda, se evidencian as fortalezas que Youtube ofrece para os medios de comunicación e, por outra, destápanse carencias significativas que repercuten directamente nos niveis de compromiso cos públicos e nunha diminución do tráfico web, da cantidade de subscritores das canles e do número de visualizacións dos vídeos.

Autor/a: Ana Isabel Rodríguez Vázquez , José Sixto-García, Xosé Soengas-Pérez Ano: 2021Titulo: Modelo de análise para canles de YouTube: aplicación a medios nativos dixitais Categoría: Artigo científico Título revista/libro: Revista Latina De Comunicación SocialNúmero: 79Páxina inicial: 1Páxina final: 16URL: https://doi.org/10.4185/RLCS-2021-1494
© 2024 Estudos Audiovisuais