Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

“Mar adentro” (Alejandro Amenábar. 2004) y las zozobras del cine español

Aproximación á obsesiva traxectoria autoral de Alejandro Amenábar e ao chamativo conflito crítico e social ao que deu lugar a estrea de “Mar adentro”, tanto pola súa (aparente) vocación de activa proclama a favor da eutanasia, como pola súa extraordinaria repercusión internacional e as extremas reaccións críticas subscitadas. A partir da análise formal de certas figuras presentes no filme e do seu estudo comparado coa “TV movie” previa e case absolutamente descoñecida sobre a historia do tetrapléxico galego Ramón Sampedro (“Condenado a vivir”, Roberto Bodegas, 2001), o artigo penetra nas furnas compositivas do cine de Amenábar, o que permite á vez relativizar ao máximo a idea xeneralizada dun cineasta representante fílmico da España plural e progresista presidida por José Luis Rodríguez Zapatero.

Autor/a: José Luis Castro de Paz Ano: 2008Titulo: “Mar adentro” (Alejandro Amenábar. 2004) y las zozobras del cine español Categoría: Artigo científico Título revista/libro: Foro hispánico: revista hispánica de Flandes y Holanda | Pietsie Feenstra e Hub. Hermans (dirs)Páxina inicial: 265Páxina final: 276URL: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3320740
© 2023 Estudos Audiovisuais