Looking for a Place in Social Media Without Getting Trapped in Networks
O xornalismo procura novas maneiras de asegurar a súa supervivencia nun contexto de reconfiguración dos medios e os procesos de comunicación. Próbanse diferentes opcións, mesmo sabendo o risco de ficar atrapado nalgunhas dimensións do mundo dixital. A medida que progresa o cambio, emerxen novas propostas, situadas entre tradicionais e enormes compañías tecnolóxicas e redes sociais (nomeadamente, Google e Facebook), que aparecen como síntomas da nova era. E, mentres agardamos pola hipotética chegada dun marco mellorado, tanto os medios como o xornalismo buscan o seu lugar nas redes sociais (desde o xornalismo en streaming ao xornalismo lento). O seu principal obxectivo é experimentar e asegurar o seu papel na futura sociedade de traballo en rede.