La televisión de proximidad como eje de la oferta audiovisual cercana
El papel de TVG en Galicia
A televisión demostrou as súas fortalezas na conformación do actual ecosistema mediático construído arredor do novo paradigma da comunicación global, Internet. A mellor proba da súa solidez son os índices de audiencia que manteñen as diferentes ofertas televisivas. Todo foi posíbel grazas á súa capacidade de adaptación para a oferta multidispositivos, aínda en fase de desenvolvemento, e o aproveitamento das súas fortalezas para a comunicación mediante imaxes. O escenario de proximidade foi o mellor laboratorio para experimentar o potencial da televisión como eixo da información visual próxima. O traballo presenta a análise de caso de Televisión de Galicia, a canle autonómica pública, a través dunha metodoloxía exploratorio-descritiva que permite concluír a importancia que segue tendo a proximidade como valor estratéxico da conexión social desta canle que segue xogando un papel clave na oferta audiovisual próxima de Galicia.