Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

La situación profesional de los periodistas españoles: las repercusiones de la crisis en los medios

Esta investigación analiza a situación profesional, laboral e económica dos xornalistas en España nos últimos cinco anos, un período no que a crise e a converxencia mediática coinciden co proceso de dixitalización. Metodoloxía. Para coñecer as características do escenario actual realizamos unha análise cualitativa e cuantitativa con enquisas a catro redactores de cada un dos principais medios de comunicación públicos e privados, preguntándolles polos cambios impostos polas súas empresas desde 2008. Ademais, realizamos unha serie de entrevistas de contraste a expertos para ter unha valoración complementaria e externa da situación da prensa. Resultados. Os resultados obtidos demostran que as condicións da maioría dos xornalistas españois empeoraron desde o comezo da crise, e os problemas acentuáronse en 2012. Os recortes realizados neste período son os máis drásticos dos últimos vinte anos e afectan a todos os elementos do proceso informativo.
Autor/a: Ana Isabel Rodríguez Vázquez , Xosé Soengas; Natalia Abuín Ano: 2014Titulo: La situación profesional de los periodistas españoles: las repercusiones de la crisis en los medios Categoría: Artigo científico Título revista/libro: Revista Latina de Comunicación SocialNúmero: 69Páxina inicial: 104Páxina final: 124
Descarga a publicación
© 2024 Estudos Audiovisuais