La ruta de las voces invisibles. Voz narradora en el cine español del primer franquismo
O uso dunha voz over narradora en destacadas ficcións do primeiro franquismo procede en liña directa daquelas outras voces de comentario, titoriais e persuasivas, que xa figuraban nos noticiarios e documentais da Guerra Civil, da cal non deixa de ser unha pegada máis da súa presenza nestes filmes. Á súa vez, a recoñecida natureza autoconsciente de algúns destes filmes débese ao uso desta voz, responsable, en boa medida, da carga, ás veces melancólica e ás veces paródica, pero sempre reflexiva, que os caracteriza. Desde o tono de fábula de El hombre que se quiso matar (Rafael Gil, 1942) até a vontade manipuladora de Bienvenido Mr. Marshall (Luis García Berlanga, 1953), a intervención do narrador implica, en diferentes grados segundo os casos, a vontade de establecer unha comunicación quer co interior da diéxese, en dirección aos personaxes, quer co exterior, buscando a implicación do suxeito-espectador.