Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

La revuelta en la mirada: Las imágenes del tiempo en el cine de vanguardia europeo de los años veinte

Este libro aborda o estudo da temporalidade moderna a través do cine de vangarda europeo dos anos vinte, á vez que cartografía a produción fílmica vangardista. Os cineastas de vangarda recorreron a modernidade rescatando as imaxes e os tempos descartados polos discursos visuais e históricos dominantes. Retrataron a pluralidade desas vivencias temporais e, aínda que non construíron un discurso alternativo, dotáronse dun corpo coherente de revolta. O seu traballo tratou de establecer a imaxe como método, probou a deconstruír a racionalización instrumental do dominio visual e propuxo que da variedade de discursos temporais en convivencia emanaba unha nova forma de historia e de imaxe.

 

Autor/a: María Soliña Barreiro Ano: 2022Titulo: La revuelta en la mirada: Las imágenes del tiempo en el cine de vanguardia europeo de los años veinte Categoría: Libro Título revista/libro: La revuelta en la mirada: Las imágenes del tiempo en el cine de vanguardia europeo de los años veinteCidade: ZaragozaPaís: EspañaEditorial: Prensas de la Universidad de ZaragozaISBN: 978-84-1340-366-3URL: https://puz.unizar.es/2681-la-revuelta-en-la-mirada-las-imagenes-del-tiempo-en-el-cine-de-vanguardia-europeo-de-los-anos-veinte.html
© 2022 Estudos Audiovisuais