Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

José Sellier en A Coruña: los comienzos del cine español

Aínda que reside en A Coruña parte da súa infancia, José Sellier Loup (Francia, 1850; A Coruña, 1922) aséntase definitivamente na cidade galega en 1886. De contado fotógrafo relevante, adquire un cinematógrafo tan cedo como se pon á venta en maio de 1897. Ese mesmo mes roda “varias vistas de A Coruña” que son, cos datos dos que dispoñemos, os primeiros filmes españoles realizados con cámara Lumière. O 20 de xuño impresiona a única das súas cintas que podemos datar con exactitude: Entierro del general Sánchez Bregua. Outros títulos como Orzán, oleaje; Fábrica de gas; Cantón Grande o Desembarco de los heridos de Cuba en nuestro puerto (ya en 1898) compoñen a súa excepcionalmente temperá filmografía.

Autor/a: José Luis Castro de Paz , José María Folgar de la Calle Ano: 2013Titulo: José Sellier en A Coruña: los comienzos del cine español Categoría: Libro Cidade: OleirosEditorial: Vía Láctea
Descarga o artigo
© 2019 Estudos Audiovisuais