El periodismo biónico: fortalezas y amenazas para una profesión en cambio
O xornalismo, sumido na metamorfose da sociedade rede, da conectividade e a mobilidade, precisa dotarse de técnicas que lle permitan afrontar os novos desafíos das complexas sociedades do terceiro milenio. Aínda que nunca tanto se investigara e teorizara sobre o xornalismo, o certo é que a aplicación do coñecemento científico resultante chega con lentitude á práctica profesional. Existe un convencemento bastante estendido entre os actores do ecosistema comunicativo que outros xornalismos son posibles. Non só é precisa a aplicación dos cinco sentidos ao exercicio profesional, senón tamén a utilización de aparatos biónicos ou non que potencien as capacidades dos profesionais. O xornalismo biónico é, de momento, un futurible inmediato que pode ofrecer solucións e que adianta ameazas.