Efecto inmersión y relevancia cognoscitiva en los vídeos de guerra en la Red
A maneira de representar a guerra e os conflitos sociais foi cambiando a medida que aqueles tamén mudaron: as últimas guerras de Irak ou de Afganistán, as primaveras árabes, as actuacións do Estado Islámico… As imaxes amateur difundidas por Internet están substituíndo aos relatos xornalísticos profesionais. Na súa condición de fragmentos aparentemente inconexos, conforman un mosaico visual caracterizado pola inmediatez, a crueza e o escasamente elaborado. Impóñense pola acentuada sensación de realismo que logran transmitir e pola mirada subxectiva pola cal conseguen trasladar ao espectador ao escenario dos feitos. En definitiva, o noso obxectivo será comprobar o grao de coñecemento que cabe adquirir respecto dos conflitos abordados a partir da análise desta mostra de rexistros audiovisuais situados na rede.