Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Diversificar a mundialización

«Tendemos a pensar que producir contidos pode chegar a darse co soporte de políticas públicas, pero non parece tan doado asegurar que do mesmo modo se constrúa un público. Pero é que ademais, o feito de producir contidos sen construír un público converte en inútil o primeiro dos cometidos en canto o estraña das relacións sociais de comunicación. Construír un público articulando, por exemplo, mecanismos de distribución e de exhibición, construílo desde o interese público –acceso ao que poderiamos resumir como representacións da realidade desde orixes e actores diversos– significa entender “La culture au pluriel”, dando o xiro lingüístico co que nos mimou Michel de Certeau. Significa observar os procesos ligados ao seu tempo, aínda que ese tempo sexa o do neoliberalismo, o das súas medidas legais transnacionais e o do interese privado como valor supremo do que se nos presentou primeiro como “Autoestrada”, agora como Sociedade da Información».

Autor/a: Margarita Ledo Andión Ano: 2000Titulo: Diversificar a mundialización Categoría: Artigo científico Título revista/libro: Eptic, revista electrónica sobre TICVolume: 2Número: 3Páxina inicial: 11Páxina final: 24
Descarga o artigo
© 2019 Estudos Audiovisuais