Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Debates abertos en torno aos medios públicos audiovisuais galegos: xustificar o inxustificable?

O contexto de fonda crise económica coloca aos medios públicos en xeral, e aos galegos en particular, nunha encrucillada de valores que obrigan a xustificar o inxustificable, entendendo por esto último o que non precisa de xustificación porque ésta resulta evidente. Unha contradicción que se xenera, en gran medida, co cambio lexislativo que abriu a porta a posibles privatizacións, o que provocou cruces de discursos políticos, profesionais e sociais que calaron na opinión pública nunha idea reduccionista do debate: o custe do servizo público de radio e de televisión en tempos de crise. E xurden as preguntas que conducen a ter que xustificar o inxustificable: por que se deben manter os medios públicos audiovisuais neste contexto de complexidade económica? Ante unha resposta afirmativa, as incógnitas seguintes plantéxanse en torno a que custe deberían pervivir estes medios? Cantos traballadores son necesarios para garantir a súa calidade? Que contidos deben manterse e cales son prescindibles? Que papel deben seguir tendo os medios públicos na estrutura audiovisual actual? Confúndese, pois, a necesidade de xustificar o inxustificable co reto de revisar, readaptar, redimensionar e reacomodar os medios públicos ás novas realidades e aos novos contextos hipervisibilizados a raíz da complexa situación económica das administracións públicas encargadas de soster a súa base financeira. E os medios públicos audiovisuais galegos reunidos en torno á CRTVG participan deste contexto, por iso este artigo preséntase como un espazo aberto á reflexión e análise crítica da situación actual tras case tres décadas de evolución. O título xenérico: “Debates abertos en torno aos medios públicos audiovisuais galegos: xustificar o inxustificable?”, compila e deixa constancia dunha serie de cuestións que, rematando o ano 2012, acaparan a visibilidade social destes medios.

Autor/a: Ana Isabel Rodríguez Vázquez Ano: 2012Titulo: Debates abertos en torno aos medios públicos audiovisuais galegos: xustificar o inxustificable? Categoría: Artigo científico Título revista/libro: Anuário Internacional da Comunicaçao Lusófona 2012. Medios públicos e espazo lusófono. Santiago de Compostela: Lusocom/AgacomPáxina inicial: 35Páxina final: 44Editorial: LUSOCOM/AGACOM
Descarga o artigo
© 2019 Estudos Audiovisuais