Convencións e disrupcións na cobertura dos eventos políticos na TV lineal e social. Análise da noite das eleccións do 26M de 2019
Mediante un método mixto analízanse a oferta lineal (en directo), social (redes sociais) e de participación da audiencia (live-tweeting) durante o especial informativo da noite electoral do 26 de maio de 2019 (comicios europeos, autonómicos e municipais) en La 1 de TVE e La sexta. Pártese da hipótese de que o consumo de televisión cambiou coa competencia das plataformas de visionado á carta. O obxectivo de este traballo empírico é determinar a estratexia informativa multicanle levada a cabo polas citadas emisoras e coñecer a resposta da audiencia. Eventos políticos como os procesos electorais manteñen á audiencia conectada coa televisión tradicional e a social, e xeran altos volumes de conversación.
Autor/a:
Ana Isabel Rodríguez Vázquez
, Alba Silva Rodríguez, Sabela Direito Rebollal, Berta García Orosa Ano: 2020Titulo: Convencións e disrupcións na cobertura dos eventos políticos na TV lineal e social. Análise da noite das eleccións do 26M de 2019
Categoría:
Artigo científico
Título revista/libro: El Profesional de la InformaciónVolume: 29Número: 2URL: https://doi.org/10.3145/epi.2020.mar.05