Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Competencias tecnológicas y nuevos perfiles profesionales: desafíos del periodismo actual

Este traballo pretende coñecer como se producen as interseccións da tecnoloxía coa práctica profesional nalgunhas das correntes xornalísticas que máis empregan as novas ferramentas: o xornalismo multimedia, o xornalismo inmersivo e o xornalismo de datos. O gran dilema do xornalismo na preparación dos profesionais (especialmente novos) non pasa tanto pola incorporación de tecnoloxías e ferrametas como por mellorar as sías competencias e habilidades cun perfil que aproveite as oportunidades do modelo computacional mantenendo a esencia xornalística. O obxectivo é dobre: responder as preguntas sobre que ferramentas empregan os profesionais para elaborar pezas xornalísticas con estas técnicas e que coñecementos e habilidades tecnolóxicas non eran precisas para o xornalismo do século XX pero si no do século XXI.

Partindo da revisión de informes das organizacións profesionais ou institutos de relevancia internacional deseñouse unha investigación exploratoria sobre o traballo de 25 xornalistas europeos e americanos, e escolléronse tres casos de estudo que permiten concluír que a matriz tecnolóxica non só non desaparecerá, senón que pode incrementarse porque o proceso de cambio e tecnoloxización non ten marcha atrás e esixe evolucionar e adaptarse a novas dinámicas de traballo en equipos multidisciplinares onde o diálogo entre xornalistas e tecnólogos debe ser fluído. Diferentes perspectivas alimentan a dobre vía das competencias e habilidades nos perfís do actual xornalista tecnólogo que os profesionais perciben que demanda o ecosistema actual.

Autor/a: Ana Isabel Rodríguez Vázquez , Xosé López García, Xosé Pereira Fariña Ano: 2017Titulo: Competencias tecnológicas y nuevos perfiles profesionales: desafíos del periodismo actual Categoría: Artigo científico Título revista/libro: ComunicarVolume: XXVNúmero: 53ISSN: 1134-3478URL: https://doi.org/10.3916/C53-2017-08
© 2025 Estudos Audiovisuais