CloudClass: comunicación audiovirtual e futuro da aprendizaxe
Tradicionalmente, a comunicación audiovisual (e máis tarde audiovirtual) foi considerada como un elemento alleo, e mesmo hostil, a calquera dinámica de aprendizaxe, fóra daquelas experiencias de aprendizaxe que, deseñadas polos docentes, excluían calquera posibilidade de cocreación por parte do alumnado. O presente artigo presenta o proxecto europeo CloudClass: unha ferramenta, intuitiva e de baixo custo, que contribúe á universalización da aprendizaxe. Baseada nun ecosistema ubicuo e no potencial da realidade estendida, CloudClass supera o paradigma tradicional da aprendizaxe lineal e xerárquica, propoñendo múltiples fluxos de aprendizaxe, así como a autonomía, participación e pautado da aprendizaxe por parte do alumnado, característicos do modelo de aula investida.
Autor/a:
Enrique Castelló Mayo
Ano: 2023Titulo: CloudClass: comunicación audiovirtual e futuro da aprendizaxe
Categoría:
Artigo científico
Volume: 1Número: 1Páxina inicial: e23005Cidade: GranadaPaís: EspañaEditorial: Ediciones Profesionales de la Información URL: https://doi.org/10.3145/infonomy.23.005