As estratexias visuais da loita: traballadoras da limpeza e do fogar nas formas fílmicas híbridas de afrontar o real en España (2000-2020)
Este artigo estuda os documentais críticos e activistas realizados nos últimos vinte anos en España que abordam a situacióno de invisibilidade e explotación das empregadas domésticas e camareiras de hotel. Neses filmes, os trazos das loitas laborais impregnan a factura fílmica. Eses documentais caracterízanse polo traballo na dialéctica invisibilidade-visibilidade – típica das súas organizacións sindicais – e polo uso de estratexias de translación expresiva das condicións de traballo ao filme, que son concomitantes coas súas formas de organizar a loita: o relato coral, a creación colectiva e a inclusión da cotiandade e da familia. Estas producións foxen das miradas paternalistas habituais nas producións cinematográficas comerciais. A mostra de seis filmes traza un arco que revela o avance da precariedade feminina desde o franquismo ata hoxe, destacando o aumento de producións audiovisuais desde a irrupción das mobilizacións colectivas das camareiras de hotel. As pezas presentan unha natureza híbrida propia do documental feminista, militante e de clase, confrontando os modos de representación, produción e distribución hexemónicos.