Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

A popularización do fonógrafo en Galicia: 1878-1895

As innovacións tecnolóxicas na historia da sociedade moderna tiveron un papel fundamental na popularización da música. O rexistro e a reprodución sonora a partir de soportes físicos, desde os primitivos papeis encerados e os cilindros de estaño ou cera ata os máis modernos formatos dixitais, axudou á difusión de xéneros, composicións e artistas por todo o planeta. Neste artigo ilustrarase cales foron as primeiras testemuñas da chegada do fonógrafo a Galicia: como este invento entra polas cidades con porto de mar, sendo un motivo de interese e sorpresa por parte da sociedade acomodada e espallándose en poucos anos desde as cidades ás vilas. As pioneiras audicións públicas con reprodución mecánica de música son o precedente directo dos espazos que hoxe, no século XXI, chamamos discotecas.
Autor/a: Xaime Fandiño, Zósimo López, Henrique Neira Ano: 2013Titulo: A popularización do fonógrafo en Galicia: 1878-1895 Categoría: Artigo científico Título revista/libro: Revista dos socios e Socias do Museo do Pobo GalegoNúmero: 8Cidade: Santiago de CompostelaEditorial: Museo do Pobo Galego
Descarga a publicación
© 2024 Estudos Audiovisuais