Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

A construción da(s) identidade(s) a través da comunicación

Anais do XI Congreso LUSOCOM 2014

A investigación lusófona en Comunicación conquista novos espazos. Esta nova edición do Anuário recolle, baixo o prisma dunha aproximación ás cartografías da investigación lusófona, un conxunto de achegas que reflicten o progresivo dinamismo que caracteriza o traballo de equipas consolidadas de investigación nos diferentes países. Exemplos disto son, por un lado, unha pesquisa bibliográfica centrada en analizar como a comunicade científica ten representado a produción de saberes na temática da lusofonia. E por outro lado, unha investigación centrada na constitución dunha cartografía vencellada á Comunicación, ao Turismo e ás súas transversalidades.

O resultado das investigacións recollidas nesta edición amosa visións panorámicas tanto dos diferentes soportes como dalgunha das cuestións centrais dos procesos comunicativos nas sociedades actuais. A diversidade de enfoques e as achegas por parte de investigadores dos diferentes países constitúen síntomas do bo momento da investigación lusófona, que non só multiplica cuantitativamente a súa produción senón tamén no campo da calidade.

Autor/a: Margarita Ledo Andión , Emma Torres Romay; José Rúas Araújo; Francisco Campos Freire Ano: 2016Titulo: A construción da(s) identidade(s) a través da comunicación Categoría: Libro Título revista/libro: A construción da(s) identidade(s) a través da comunicación. Anais do XI Congreso LUSOCOM 2014Editorial: Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras en ComunicaciónISBN: 978-84-8408-805-9
© 2023 Estudos Audiovisuais